Feridos dous traballadores en Santiago e Ames tras sufrir sendas caídas

No primeiro caso unha muller foi trasladada ao hospital A Rosaleda tras precipitarse desde unha altura nun establecemento de Bertamiráns, mentres que o segundo incidente produciuse nun local da rúa San Francisco de Compostela

Unha muller resultou ferida este sábado no municipio coruñés de Ames logo de sufrir unha caída de altura. En concreto, o suceso ocorreu nun establecemento da avenida da Peregrina, en Bertamiráns, ao redor das 10.00 horas e a vítima tivo que ser trasladada por persoal sanitario ao Hospital A Rosaleda de Santiago. O 112 Galicia alertou ao GES de Brión e á Policía Local de Ames.

Na capital galega rexistrouse tamén este sábado pola mañá outro accidente laboral de características similares. Un traballador resultou ferido tras caerse nun local comercial da rúa San Francisco. Tras o aviso ao 112 Galicia, ao redor das 12.15 horas, os efectivos sanitarios decidiron enviar unha ambulancia ao momento para asistir á persoa ferida. 

Comentarios