Evacuadas tres persoas ao alagarse a súa vivenda en Carballo pola noite

Os afectados foron trasladados á casa duns familiares

Tres persoas foron evacuadas este mércores despois de que a súa casa resultase alagada na localidade coruñesa de Carballo por mor das fortes choivas que caeron durante toda a noite, informa Urxencias 112.

A incidencia rexistrouse ás sete da mañá na rúa Muíño do Quinto, desde onde estas tres persoas foron trasladadas para o seu reacollo no domicilio duns familiares. Outras cinco vivendas víronse afectadas a causa da auga nesta mesma vía, aínda que ningunha delas tivo que ser evacuada.

A choiva alagou así mesmo moitos baixos e sotos, e atrapou a un coche na zona de Rego Lamoso. "Estamos desbordados", aseguran a Efe fontes de Protección Civil de Carballo, que alertou ao 112 destes incidentes polo que, de inmediato, avisouse aos Bombeiros de Carballo e á Policía Local.

Comentarios