Evacuado ao hospital un motorista en Amoeiro tras sufrir un accidente

Un helicóptero medicalizado auxiliou ao ferido ► Non se viron coches implicados

Un helicóptero medicalizado desprazouse este domingo ata Amoeiro para evacuar a un home que resultou ferido logo de caer da moto que conducía. O accidente ocorreu, ao fío das 18.00 horas da tarde, en Trasalba.

O Centro de Atención ás Emerxencias do 112 tivo constancia do suceso grazas á chamada dun particular. Indicaba que se acababa de producir un accidente de moto, no cal non había coches implicados. A partir de aí, os profesionais do Cae 112 Galicia alertaron de inmediato a Urxencias Médicas, que optaron por mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Do mesmo xeito, solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil e a dos membros de Protección Civil de Amoeiro.

O ferido foi evacuado polo persoal sanitario na aeronave ata o centro hospitalario de referencia.

Comentarios