Explota unha bombona en Negreira sen que causara danos persoais

Afectou a un cuarto exterior dunha vivenda nunha avenida da localidade

Os servizos de urxencia rexistraron a explosión dunha bombona no municipio coruñés de Negreira, aínda que sen danos persoais, informa a Axencia Galega de Urxencias a través dun comunicado. Ao redor das 22.30 horas deste luns explotou unha bombona que afectou a un cuarto exterior anexo a unha vivenda da avenida das Brañas de Negreira.

Os Bombeiros de Santa Comba e efectivos do GES de Brión que, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse ao lugar, e explicaron que a acumulación de gas debido ao mal funcionamento dunha caldeira de auga, foi a causa máis probable da explosión.

Foron varios veciños os que pediron axuda ao 112 Galicia, así como a mesma dona que asegurou que non había persoas afectadas nun caso no que tamén colaboraron a Garda Civil e Protección Civil de Negreira.

Comentarios