Falece un home en Val do Dubra tras caerlle unha árbore encima

Os feitos ocorreron este sábado nunha zona de monte da parroquia de Rial

Un home faleceu este sábado pola tarde en Val do Dubra ao caerlle encima unha árbore. Os feitos ocorreron nunha zona de monte da parroquia de Rial, no lugar de Arnexo. Urxencias Médicas mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O 112 Galicía recibía a alerta por parte do servizo sanitario ás 17.50 horas.

Nese momento, o persoal do CAE 112 Galicia informaba do sucedido á Garda Civil, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e aos Bombeiros de Santa Corda. A pesar dos esforzos dos servizos de urxencias, o home perdeu a vida.

Comentarios