Un falecido e tres feridos ao chocar un condutor ebrio contra unha árbore en Caldas

O condutor deu positivo tamén nas probas de cocaína e THC

Control de alcohol y drogas de la Guardia Civil. ARCHIVO
photo_camera Control de alcohol y drogas de la Guardia Civil. ARCHIVO

Un home, de 50 anos e iniciais F. J. G.I., faleceu na madrugada deste sábado nun accidente de tráfico no municipio pontevedrés de Caldas de Reis. Segundo informa o 112, o sinistro produciuse minutos antes das 4.30 horas na estrada PO-220, no punto quilométrico 1,150, no lugar de Ribocias. Ao volante atopábase un mozo de 25 anos, veciño de Cuntis, que deu positivo " indiciario" en cocaína e THC, ademais de en alcol (0.59 E 0.58 mg/ l).

O coche saíuse da vía que une O Pino con Cuntis pola marxe esquerda e chocou frontalmente contra unha árbore. Como consecuencia do impacto, un dos ocupantes que viaxaba no asento traseiro faleceu, mentres que as outras tres persoas que se atopaban no vehículo resultaron feridas de carácter leve.

Ao parecer, a causa do accidente foi unha "velocidade inadecuada para o trazado da vía".  O 112 alertou ás 061-Urxencias Sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Valga e aos bombeiros do Salnés.