Unha persoa resultou ferida leve este luns nun accidente de tráfico no municipio coruñés de Muros ao envorcar o turismo no que viaxaba. Diso informou o 112 Galicia, que explicou que a vítima foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela.
O suceso produciuse antes das 17.30 horas na parroquia de Esteiro, no lugar de Solleiros. Foron avisados Policía Local, Garda Civil de Tráfico e GES de Muros.
Un ferido leve ao envorcar o seu turismo en Muros
O suceso produciuse antes das 17.30 horas na parroquia de Esteiro, no lugar de Solleiros