Un motorista tivo que ser trasladado a un centro hospitalario con feridas de gravidade logo de sufrir unha caída coa súa moto cando circulaba polo termo municipal de Vigo.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 14.30 horas no lugar das Fontiñas, parroquia de Cabral. O ferido ía acompañado doutra persona, que tamén foi trasladada.
Até o punto desprazouse unha UVI móbil de Urxencias Sanitarias 061, xa que o piloto da moto sinistrada presentaba graves feridas a consecuencia da caída.