Ferido grave tras caer desde o tellado dunha cuadra en Val do Dubra

Debido ao forte impacto, requiriuse a presenza do helicóptero medicalizado de Santiago

Un operario da construción resultou este martes ferido de consideración tras caer ao chan desde unha altura mentres reparaba unha cuadra na localidade coruñesa de Val do Dubra, informa Urxencias 112.

O accidente ocorreu sobre as 11.30 horas no lugar de Cornes, en Vilariño.

Debido ao forte impacto, o 112 requiriu a presenza do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que se desprazou ao lugar dos feitos. Así mesmo, solicitou a colaboración da Garda Civil e de Protección Civil de Val do Dubra.

Comentarios