Ferida despois de caer ao río co seu vehículo en Pereiro de Aguiar

A muller chamou aos servizos de urxencias subida ao capó do turismo

A condutora dun vehículo que circulaba pola estrada que une as localidades de Pereiro de Aguiar e Ourense, resultou ferida despois de precipitarse ao río desde a Ponte de Cascadón, na parroquia de Tibiás, informou o 112.

Ás 20.30 horas deste luns, a mesma condutora chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda. Indicou que despois de saírse da vía caeu ao río e que estaba subida ao capó do turismo.

De inmediato, requiriuse a intervención dos servizos sanitarios, dos efectivos do GES de Pereiro de Aguiar e da Garda Civil de Tráfico. Os servizos de urxencia confirmaron ao persoal do 112 Galicia que a muller foi trasladada ao Centro de Saúde da localidade e que o coche quedou mergullado no río, á espera dos guindastres, para a súa retirada.

Comentarios