Ferida tras precipitarse desde unha altura de 4 metros na Coruña

O suceso tivo lugar ao fío das 00.30 horas deste mércores, cando caeu ás rocas nun dos camiños que sobe á Torre de Hércules

Os servizos sanitarios de urxencia asistiron na madrugada deste mércores a unha muller que resultou ferida tras caer desde unha altura duns catro metros aproximadamente. O suceso aconteceu nun dos camiños que sobe á Torre de Hércules, na cidade da Coruña.

A muller caeu ás rocas, polo que, nun primeiro momento, Urxencias Médicas solicitou medios de rescate. Con todo, aínda que se alertou desde o CAE 112 Galicia aos bombeiros da cidade, non foi precisa a súa intervención.

Os axentes da Policía Nacional tamén foron informados do suceso que tivo lugar ao fío das 00.30 horas.

Comentarios