Ferida unha nena de 3 anos ao ser atropelada nun paso de peóns de Ourense

Un turismo impactou coa menor e unha das súas rodas pasoulle por encima do pé

Unha nena de tres anos resultou este mércores ferida tras ser atropelada cando se atopaba nun paso de peóns en Ourense. Un turismo impactou coa menor e unha das súas rodas pasoulle "por encima do pé", segundo informaron fontes da Policía Local.

Os feitos ocorreron pasadas as tres da tarde en cálea Escultor Faílde, á altura do número 10, no barrio das Lagoas.

Fontes policiais sinalaron que o prognóstico da menor é "reservado", e sinalaron que non se descarta unha posible fractura. A nena foi trasladada en ambulancia medicalizada ao Complexo Hospitalario Universitario (Chuo) de Ourense. 

Comentarios