Ferido o condutor dun camión que envorcou este luns en Cerceda

Saíuse da vía e acabou chocando contra un noiro na estrada entre Carballo e Ordes

O condutor dun camión resultou este luns ferido tras envorcar ao saírse da vía na localidade coruñesa de Cerceda, onde acabou chocando contra un noiro, informa Urxencias 112. O accidente ocorreu sobre as cinco desta tarde na estrada que une as localidades de Carballo e Ordes, ao seu paso polo lugar de Cerceda.

A pesar do aparatoso do sinistro, finalmente o condutor puido abandonar sen dificultade a cabina do camión, cuxa carga se estendeu pola vía, polo que foi necesario cortar a estrada ao tráfico. O 112 pediu a intervención de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Ordes, Protección Civil de Cerceda e persoal do servizo de mantemento e limpeza da vía.

Tamén en Ferrol, tres persoas sufriron feridas nun accidente de tráfico na praza de Canido.

Comentarios