Ferido o condutor dun turismo tras chocar contra un camión en Ribeira

O ocupante do tráiler, que viaxaba sen carga, resultou ileso tras a colisión

Unha persoa resultou este luns ferida despois de chocar o turismo que conducía contra un camión na localidade coruñesa de Ribeira, informan fontes de Urxencias 112.

O accidente ocorreu sobre as 12.20 horas na estrada que une as localidades de Ribeira e Porto do Son, na coñecida como a "recta do salmón".

O condutor do camión, que no momento do sinistro viaxaba sen carga, resultou ileso.

O 112 Galicia alertou de inmediato aos Bombeiros de Ribeira e aos de Boiro, e solicitou a intervención de Urxencias Médicas, da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos do GAEM de Ribeira.

Comentarios