Ferido en Vilamartín de Valdeorras despois de caer por un terraplén
08 de agosto de 2016 (15:46 h.)
O operario saltou da máquina que manexaba
Un traballador resultou ferido ao caer por un desnivel coa máquina que manexaba, no lugar de San Vicente de Leira, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, informou o 112.
O operario, segundo indicou o alertante que chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, ao precipitarse polo terraplén saltou, quedando ferido pero accesible. Enseguida, pasouse aviso a Urxencias Médicas, GES de Valdeorras, Garda Civil e efectivos de Protección Civil.
O traballador foi trasladado polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia. O CAE 112 Galicia tivo constancia do accidente pasados uns minutos das 10.30 horas deste luns.