Ferido grave o condutor dunha moto tras chocar cun coche en Barbadás

O ocupante do turismo, veciño de San Cibrao, saíu ileso do sinistro, que se produciu na OU-540

Ferido grave o condutor dunha motocicleta que se viu implicada nun choque lateral cun turismo no municipio ourensán de Barbadás.

O sinistro, segundo informou a Garda Civil de Tráfico, tivo lugar ás 19.15 horas no quilómetro 9,400 da OU-540.

O condutor da moto, un home de 26 anos, veciño de Barbadás, resultou ferido grave, mentres que o condutor do turismo, outro home, de 69 anos, e veciño de San Cibrao, saíu ileso do sinistro.

Comentarios