Un home atracou este venres unha sucursal de Caixa Rural Galega na Coruña, situada na rúa Francisco Mariño, segundo informaron a Europa Press fontes da Policía Nacional.
O suceso produciuse "a media mañá" e o asaltante foi un home que accedeu á entidade e ameazou aos empregados cunha arma, explicaron as mesmas fontes.
Polo momento, descoñécese a canto ascende o importe subtraído no atraco. "levou unha certa cantidade de diñeiro", precisaron desde a Xefatura Superior de Policía en Galicia.