Liberan a un ferido que quedou atrapado no seu vehículo en Touro

O accidente produciuse despois de que o vehículo se saíra da vía

Os bombeiros de Arzúa liberaron este martes a un home que resultou ferido e quedou atrapado no interior do vehículo que conducía no municipio coruñés de Touro.

O accidente produciuse despois de que o condutor, que circulaba pola estrada que une Bama e Loxo, se saíra da vía, informa a Axencia Galega de Urxencias a través dun comunicado.

Nada máis recibir o aviso dun particular, ás 07.30 horas deste martes, o 112 Galicia alertou aos efectivos do parque comarcal de bombeiros, a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Touro, que socorreron ao ferido.

Comentarios