Liberan a un neno cunha perna atrapada nun bambán en Ourense

Foi necesaria a intevención dos bombeiros

Un equipo dos bombeiros excarcerou en Ourense a un neno que quedou atrapado nun bambán dun parque.

Os feitos tiveron lugar nunha zona de xogos da Praza da Mariña. Un particular contactou co 112 Galicia ás 19.45 horas deste venres para dar a voz de alarma. O menor tiña unha perna atrapada.

O 112 alertou ao 061 e aos bombeiros de Ourense. A situación tamén se puxo en coñecemento de Protección Civil e da Policía Local.

Comentarios