Tres nenos saen ilesos nun accidente dun bus escolar rexistrado en Cuntis
No vehículo, que quedou sen freos, tamén ían o condutor e unha acompañante dos menores
Os ocupantes dun autobús escolar, tres nenos, o condutor e unha coidadora, resultaron ilesos tras perder o autocar os freos e precipitarse por un pequeno terraplén no municipio pontevedrés de Cuntis.
Según informaron a Europa Press fontes da Consellería de Educación e do 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 9.10 horas deste martes no lugar de Zo, cando o autobús ía marcha atrás e chocou contra un muro tras perder os freos e precipitarse por un pequeno terraplén.
Debido ao sinistro deste autobús, que se dirixía o CPI Aurelio Marcelino Rei García de Cuntis, bloqueáronse as portas, polo que os ocupantes saíron polo portelo de urxencia, concretou Educación.
No momento do accidente, que quedou nun gran susto, o vehículo da empresa Monbus estaba a piques de terminar o seu itinerario.
Finalmente os escolares foron levados ao CPI Aurelio Marcelino Rei García de Cuntis por familiares, concretou o servizo de urxencias.