Tres nenos saen ilesos nun accidente dun bus escolar rexistrado en Cuntis

No vehículo, que quedou sen freos, tamén ían o condutor e unha acompañante dos menores 

Así quedó el bus accidentado en Cuntis. @GxDRadioGalega
photo_camera Así quedou o bus accidentado en Cuntis. \GxDRadioGalega

Os ocupantes dun autobús escolar, tres nenos, o condutor e unha coidadora, resultaron ilesos tras perder o autocar os freos e precipitarse por un pequeno terraplén no municipio pontevedrés de Cuntis.

Según informaron a Europa Press fontes da Consellería de Educación e do 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 9.10 horas deste martes no lugar de Zo, cando o autobús ía marcha atrás e chocou contra un muro tras perder os freos e precipitarse por un pequeno terraplén.

Debido ao sinistro deste autobús, que se dirixía o CPI Aurelio Marcelino Rei García de Cuntis, bloqueáronse as portas, polo que os ocupantes saíron polo portelo de urxencia, concretou Educación. 

No momento do accidente, que quedou nun gran susto, o vehículo da empresa Monbus estaba a piques de terminar o seu itinerario.

Finalmente os escolares foron levados ao CPI Aurelio Marcelino Rei García de Cuntis por familiares, concretou o servizo de urxencias. 

Comentarios