A Policía 'caza' en Vigo a un home durmido ao volante e que tiña o carné retirado

Horas antes, a Policía Local da cidade olívica sorprendeu a outro condutor que circulaba sen carné no Camiño do Silval

A Policía Local de Vigo denunciou a un mozo de 26 anos ao que sorprendeu durmido ao volante dun turismo que estaba parado ante un semáforo na rúa Pi e Margall e que tiña retirado o carné.

Os axentes que se toparon co coche parado no medio da vía tiveron que espertar ao condutor, e tras consultar coas bases de datos pescudaron que lle figuraba unha perda de vixencia do seu carné.

Horas antes, a Policía Local de Vigo sorprendeu a outro condutor que circulaba sen carné no Camiño do Silval.

Ademais, foron denunciados outros dous condutores en Vigo por dar positivo en alcol, un deles, un mozo de 26 anos, que fora denunciado por un particular tras realizar un trompo na avenida de Galicia.

Comentarios