Investigan as causas da morte dunha muller atopada nun portal de Lugo

As chamas producíronse na cociña do inmoble, situado nunha quinta planta

Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)

O corpo sen vida dunha muller foi achado no mediodía deste martes nun portal dun edificio da Avenida da Coruña en Lugo.

Un particular chamaba ao 112 Galicia para alertar do sueceso pasadas as 13.15. Ao recibir o aviso, os xestores do CIAE requiriron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias e da Policía Nacional, Autonómica e Local.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á muller.

Nestes momentos, as forzas da orde tratan de esclarecer as causas que rodean a este suceso.