Rescatada en Ponteceso mentres facía sendeirismo

Sufriu unha fractura nun pé e atopábase nunha zona de difícil acceso

Un helicóptero rescatou este martes en Ponteceso (A Coruña) a unha muller de nacionalidade suíza que sufriu unha fractura nun pé mentres facía sendeirismo nunha zona de difícil acceso, segundo informou o 112 Galicia.

Cando se produciron os feitos, ás 13.00 horas, a vítima camiñaba por unha área complicada na contorna da praia da Barra e foi a súa irmá quen avisou do ocorrido.

O Helimer de Salvamento Marítimo encargouse de rescatar á muller e trasladala ao aeroporto de Alvedro, na Coruña, onde a esperaba unha ambulancia que a trasladou a un centro hospitalario.

Comentarios