Rescatado un surfeiro en apuros na Praia de Sabón

O home foi trasladado en perfecto estado de saúde por un pesqueiro que andaba pola zona

Un pesqueiro rescatou este martes a un surfeiro atrapado nunha zona de correntes, preto da Praia de Sabón, en Arteixo, informou o 112.


O helicóptero Helimer de Salvamento Marítimo saíu na súa procura, pero, finalmente, o home foi trasladado en perfecto estado de saúde por un pesqueiro que andaba pola zona.

Foron uns compañeiros que practicaban surf con el quen na tarde deste martes alertaron ao persoal do CAE 112.

A partir de aí, desde o Centro de Atención ás Urxencias de Galicia informouse o Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil e Policía Local e Protección Civil da vila. 

Comentarios