Unha muller resulta intoxicada tras inhalar monóxido de carbono na súa casa en Santiago

Os bombeiros confirmaron a alta concentración de gas no domicilio

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este mércores unha muller que resultou intoxicada tras inhalar de monóxido de carbono, como consecuencia da mala combustión dun quentador na súa vivenda, en Santiago. 

Segundo informa o 112, os bombeiros desprazáronse ata o punto ao redor das 21.00 horas e confirmaron a alta concentración de gas na vivenda. Tamén foi requirida a presenza dos axentes da Policía Local e de Protección Civil.

A muller foi trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Comentarios