A salvo o único tripulante dun pesqueiro calcinado en Muxía

O home lanzouse á auga e alcanzou a costa a nado

Un pesqueiro, de nome Mosiña, ardeu por completo nas proximidades de Punta Touriñán, en Muxía, e o seu único tripulante a bordo lanzouse á auga e alcanzou a costa a nado, informou este sábado a Axencia das Emerxencias de Galicia.

En terra, o tripulante do pesqueiro foi recollido polos voluntarios de Protección Civil da localidade e atópase en perfecto estado de saúde. Varios veciños informaron ao persoal do CAE 112 Galicia ao redor das dez da mañá.

Os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron a Salvamento Marítimo, que enviou á zona a embarcación Salvamar Altair. Tamén informaron o suceso ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.

Comentarios