Afúndese un pesqueiro no porto de Corcubión

A embarcación foise a pique despois de soltarse o seu amarre e chocar contra o paseo marítimo

Un barco pesqueiro duns 6 metros de eslora afundiuse este xoves no porto de Corcubión, informou o 112.

Segundo se lle indicou ao 112, a embarcación foise a pique despois de soltarse do seu amarre e chocar contra o paseo marítimo da praia de Santa Isabel.

No momento no que se produciron os feitos non había ninguén no interior do barco. O 112 recibiu o aviso dos efectivos de Protección Civil da localidade ás 14.45 horas deste xoves.

Salvamento Marítimo decidiu mobilizar ata a zona a embarcación Don Inda. Con todo, o pesqueiro acabou afundíndose por completo.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias alertou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén se informou á Garda Civil.

Comentarios