Seis persoas resultan feridas en dous accidentes en Cospeito e Cotobade

O rexistrado no municipio lucense ocorreu na LU-111, no lugar da Millarada, e nel víronse implicados dous vehículos, os mesmos que no que tivo lugar no municipio pontevedrés, no cruzamento da Dorna

Un total de seis persoas resultaron feridas este luns en dous accidentes ocorridos en Cospeito (Lugo) e Cotobade (Pontevedra), respectivamente.

No municipio lucense, un particular alertou ao CAE 112 Galicia, sobre as 12.00 horas, dunha colisión entre dous vehículos que circulaban pola LU-111, no lugar da Millarada.

O alertante asegurou que tres persoas necesitaban asistencia sanitaria. Por iso, desde o 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico que xa tiña constancia do accidente.

Case á mesma hora, os servizos sanitarios de urxencia informaban ao CAE 112 Galicia doutro accidente en Cotobade. Neste caso, tamén se tratou dunha colisión entre dous turismos, e outras tres persoas resultaron feridas. A colisión tivo lugar no cruzamento da Dorna, na N-541.

Comentarios