Sen feridos nun choque frontal entre un turismo e un camión en Paderne

O tráiler transportaba cemento pola estrada que une A Coruña con Ferrol

Un accidente entre un turismo e un camión no municipio coruñés de Paderne, á altura do lugar de Insua, saldouse sen feridos.

A estrada nacional 651, que une A Coruña con Ferrol, rexistrou ao redor das 11.30 horas un sinistro entre un vehículo que transportaba cemento e un turismo.

Ambos chocaron frontalmente e o camión quedou atravesado na calzada, aínda que non houbo feridos nin perda de carga, polo que nuns minutos a circulación na zona volveu ser normal, informa a Axencia Galega de Urxencias a través dun comunicado.

Comentarios