Intoxicada unha persona por mor dun incendio nunha vivenda en Baltar

As chamas, que arrasaron por completo unha habitación, impedían á vítima abandonar o inmoble

Unha persoa sufriu unha intoxicación por mor dun incendio que calcinou por completo unha habitación, ás 13.50 horas deste mércores nunha vivenda na Avenida Sarxento Seoane, en Baltar (Ourense).

O lume empezou na segunda planta dunha casa unifamiliar, segundo informa o 112. A persoa que resultou intoxicada estaba no interior e as chamas impedíanlle abandonar a vivenda.

Así, o persoal do 112 pediu a colaboración de bombeiros de Xinzo de Limia, que se encargaron de sufocar o incendio. Confirmaron que as chamas arrasaron por completo unha habitación e o resto da casa encheuse de fume.

Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Médicas atenderon e trasladaron ao afectado ao centro médico máis próximo. Un particular informou ao 112, que, ademais da os bombeiros, avisou aos axentes de seguridade e aos voluntarios de Protección Civil.

Comentarios