Trasladadas dúas persoas tras declararse un incendio na súa casa en Ribadavia

O lume calcinou a campá extractora da cociña e danou algún moble

Dúas persoas foron trasladadas a un centro hospitalario logo de declararse un incendio na súa vivenda a última hora da tarde do xoves no municipio de Ribadavia (Ourense).

Segundo informou o 112 Galicia, unha das persoas afectadas tivo que ser evacuada por inhalación de fume, mentres que a outra sufriu unha crise de ansiedade.

Os feitos tiveron lugar nun piso da Rúa Progreso. O lume calcinou a campá extractora da cociña e danou algún moble. Ademais, o resto da vivenda viuse afectada o fume.

Foi un particular o que contactou co 112 Galicia minutos logo das 20.00 horas do xoves para alertar da situación. Tras iso, o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou ao GES de Ribadavia e á Policía Local.

Comentarios