Trasladan a dúas persoas ao producirse un incendio na súa vivenda no Barco de Valdeorras

O lume comezou na cheminea do fogar de ambos os dous e foise estendendo ata o teito

Dúas persoas, un home e unha muller, foron trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Comarcal de Valdeorras por mor dun lume provocado na vivenda que ambos os dous habitaban.

O incendio tivo lugar nun ático da rúa Vicente Risco, no concello ourensán do Barco de Valdeorras. Os efectivos do GES  de Valdeorras indicaron que o motivo da evacuación fora a inhalación de fume, aínda que o persoal sanitario non o confirmou. Así mesmo, informaron que o lume comezara na cheminea da casa e que se estendera ata o teito.

Un particular alertou ao CAE 112 Galicia ao redor das 19.30 horas da tarde do luns e, de seguido, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Valdeorras, dos axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico de Ourense, ademais do GES e de Urxencias Médicas.

Comentarios