Tres feridos nunha colisión tripla en Carballo

Dous vehículos chocaron contra un terceiro que estaba estacionado

Tres persoas resultaron feridas nunha colisión entre outros tantos vehículos no municipio coruñés de Carballo, informa a Axencia Galega de Urxencias a través dun comunicado.

Ás 15.40 horas deste xoves no quilómetro vinte e cinco da AC-413, a estrada que une Carballo con Ordes, á altura do lugar de Sofán rexistrouse un incidente que consistiu no choque de dous vehículos cun terceiro que estaba estacionado.

Os bombeiros de Carballo, Urxencias Médicas, Protección Civil, a Garda Civil de Tráfico e profesionais de Urxencias acudiron ao suceso, que se saldou con tres feridos, aínda que ningún atrapado nos vehículos.

Comentarios