Tres feridos tras envorcar un coche en Oleiros e chocar un autobus e un turismo en Ames

Ambos os sucesos tiveron lugar na madrugada e a mañá deste luns respectivamente

Un home resultou ferido tras envorcar o vehículo que conducía no municipio coruñés de Oleiros, informa a Axencia Galega de Urxencias.

O sinistro produciuse ás 5.45 horas deste luns na estrada nacional VI en Oleiros, á altura do Carballo, en sentido cara a Betanzos.

Os membros de urxencias non necesitaron excarcerar ao ferido e o persoal sanitario atendeuno nunha intervención na que tamén se avisou aos bombeiros de Arteixo, os axentes de Tráfico e Protección Civil.

AMES. Por outra banda na mañá deste mesmo luns produciuse unha colisión entre un autobús escolar e un turismo, que se saldou con dúas persoas feridas. O accidente ocorreu na AC-543, en Ortoño, na localidade de Ames.

O autobús, ía baleiro no momento de producirse a colisión, polo que, as dúas persoas que resultaron feridas eran os ocupantes do vehículo. Foi un particular quen, sobre as 07:45 horas da mañá, alertou ao CAE 112 Galicia.

Enseguida, pasouse aviso a Urxencias Médicas e aos axentes de Tráfico e do GES de Brión. Tamén se informou ao persoal do servizo de mantemento da estrada. Urxencias Médicas confirmou ao 112 Galicia o traslado dos dous feridos ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios