Un guindastre esborrállase na Coruña causando serios danos en vehículos

A cornixa dun edificio tamén resultou afectada no suceso

Un coche quedou esnaquizado e outro sufriu danos na Coruña polo esborralle dun guindastre, informou o alcalde, Xulio Ferreiro.

O rexedor desvelou tras a visita á nova Escola Infantil da Sardiñeira que minutos antes das 10.00 deste luns "un guindastre pluma dobrou" en Monte Alto, na esquina entre as rúas Cantábrico e Ángel Rebollo. "Caeu material á rúa e dous coches aparcados están seriamente danados. Afortunadamente non hai que lamentar ningún dano persoal", engadiu.

Un dos vehículos que estaba estacionado sufriu importantes danos, outro viuse perxudicado e a cornixa dun edificio tamén resultou afectada.

Comentarios