Un home ferido en Outes tras caer dunha escaleira de 12 metros

O traballador foi trasladado por Urxencias Médicas, nunha intervención na que tamén colaboraron a Garda Civil e Protección Civil

Un traballador resultou ferido tras caer por unha escaleira de doce metros no municipio coruñés de Outes, informou a Axencia Galega de Urxencias.

Ás 10.15 horas deste mércores produciuse un accidente laboral en Sarbades, no Freixo, cando o 112 tivo constancia da caída dun operario. O traballador foi trasladado a un centro hospitalario por Urxencias Médicas, nunha intervención na que tamén colaboraron a Garda Civil e Protección Civil.

Comentarios