Un ferido nun accidente de tractor en Ribadavia

A vítima quedou atrapada debaixo dun chimpín e foi rescatada por varios particulares

Unha persoa resultou ferida este martes en Rivadavia ao sufrir un accidente no seu chimpín. A vítima quedou atrapada debaixo da máquina agrícola e foi rescatada por varios particulares. 

Os feitos ocorreron nun camiño próximo ao río Miño, na parroquia de Francelos, segundo informou o 112 Galicia. 

A central de urxencias recibiu o aviso do accidente ás 17.00 horas, a través d ela alerta de Urxencias Médicas, e informou ao GES de Ribadavia, Protección Civil e a Garda Civil.

Comentarios