Un ferido nunha colisión en Bergondo e outro nun atropelo na Coruña

No primeiro sinistro víronse implicados unha furgoneta e un camión lixeiro

Unha persoa resultou ferida nunha colisión rexistrada na mañá deste luns no termo municipal coruñés de Bergondo e outra ao ser atropelada na Coruña. O primeiro sinistro sucedeu sobre as 9.00 horas na N-VI, a estrada de Guísamo dirección A Coruña-Betanzos ao chocar por alcance unha furgoneta e un camión lixeiro, segundo os datos facilitados polo 112 Galicia.

O condutor do camión lixeiro queixábase de dor nas costas e nunha man, pola que foi mobilizado persoal de Urxencias Sanitarias. En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou a unha persoa ferida ao hospital da Coruña.

Pola súa banda, ás 9.20 horas un particular chamou ao 112 para avisar de que atropelara a un peón ao final da Avenida Navarra con Rolda Monte Alto na Coruña. Foron mobilizados a Policía Local e o 061, que enviou unha ambulancia asistencial que levou ao ferido ao hospital Quirón-Santa Teresa.

Comentarios