Un ferido tras chocar co seu coche contra un supermercado en Sada

O vehículo colidiu contra a porta, aínda que non se introduciu no establecemento

Un home resultou ferido este luns en Sada despois de que o seu coche chocase contra a porta dun supermercado, aínda que non chegou a entrar no establecemento. O local está situado na estrada DP-5813, quilómetro cinco, concretamente no lugar de Tarabelo.

O condutor perdeu o control do automóvil por causas que se descoñecen e saíuse da vía. O home estaba liberado e accesible cando foi trasladado en ambulancia a un centro sanitario.

O Servizo Municipal de Protección Civil de Sada, os técnicos de Urxencias e as forzas de seguridade locais e estatais participaron no dispositivo de urxencia.

Comentarios