Un home sofre unha caída dun parapente na Coruña

Atopábase sobrevoando a zona do Monte de San Pedro

Un home sufriu este martes unha caída dun parapente no Monte de San Pedro, na Coruña. Os servizos sanitarios de urxencias acudiron á zona, formando parte dun dispositivo no que tamén participaron a Policía Nacional e os bombeiros da Coruña.

A Torre de Control do aeroporto de Alvedro e o Servizo Aéreo de Rescate tamén foron informados do feito.

Comentarios