Un operario foi golpeado por unha árbore en Padrenda, en Ourense

O home atopábase traballando nunha zona de monte bastante illada

Un equipo médico desprazouse este mércores a Padrenda (Ourense) para atender un operario que resultou ferido ao caerlle unha árbore encima, informou a central que coordina as urxencias en Galicia.

O home atopábase traballando nunha zona de monte, bastante illada, situada en Freáns, e a única forma de acceder ao ferido era a pé.

Pouco despois das once deste mércores, un particular contactou co 112 para pedir axuda e os xestores activaron un operativo no que colaboraron Urxencias Médicas e a Garda Civil.

A pesar de que a árbore lle caeu encima, o ferido estaba liberado.

Comentarios