Ferido tras caer desde unha altura de tres metros nun estaleiro en Outes

Foi necesaria a intervención de varios medios de rescate, pois a vítima caera entre o propulsor e o patín dun barco

Un traballador resultou ferido este mércores ao caer desde unha altura de tres metros nun estaleiro en Outes, segundo informou o 112.

Ao redor das 17.00 horas deste mércores este operario que traballaba no motor dun barco precipitouse ao baleiro e fracturouse unha perna na parroquia do Freixo de Sabardes.

Ata o punto achegáronse varios medios de rescate para evacualo, pois caera entre o propulsor e o patín da embarcación, e foi trasladado a un centro hospitalario.

Comentarios