Unha freidora ao lume provocou un incendio nunha vivenda de Ames

Debido ao fume provocado polas chamas, dúas mulleres resultaron afectadas

Unha freidora ao lume foi a causa que provocou un incendio na cociña dunha vivenda en Ames (A Coruña), no lugar de Bertamiráns, informou o 112.

Debido ao fume provocado polas chamas, dúas mulleres resultaron afectadas.

Sobre as cinco desta tarde, un particular alertou ao 112 Galicia dun lume no primeiro piso dun edificio da Rúa Lapido.

De inmediato, pasouse aviso aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Brión, á Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Igualmente, os Bombeiros de Santiago foron informados.

Finalmente, os efectivos do GES extinguiron o lume. Ardeu a campá extractora e un moble da cociña.

Urxencias Médicas indicou que unha ambulancia se desprazou ata o domicilio pero as dúas persoas afectadas, rexeitaron a asistencia sanitaria.

Comentarios