Unha colisión en cadea deixa dous feridos na cidade da Coruña

O suceso produciuse ao redor das 21.00 horas na Avenida Alfonso Molina

Unha colisión entre cinco turismos deixou dúas persoas feridas –un home e unha muller– na cidade da Coruña. 

O persoal sanitario que se desprazou ata o punto confirmou ao CAE 112 Galicia que, a muller necesitou ser trasladada en ambulancia, mentres que, o home, puido ser atendido no mesmo lugar onde ocorreron os feitos polo persoal médico. 

O accidente ocorreu ao fío das 21.00 horas da noite pasada, na Avenida Afonso Molina, á altura do Club Financeiro.

Foi a esa hora cando o 112 Galicia recibiu á alerta de varios particulares informando da situación. Enseguida, pasouse aviso á Policía Local, Urxencias Médicas e Protección Civil. Os bombeiros tamén foron informados.

Comentarios