Unha persoa resulta ferida tras un choque en Neda
07 de marzo de 2017 (23:12 h.)
No accidente, rexistrado este martes, víronse implicados tres vehículos
Unha persoa resultou ferida este martes a consecuencia dun accidente múltiple en Neda (A Coruña), no que se viron implicados tres vehículos.
O 112 comunicou que o suceso se rexistrou no punto quilométrico 1,900 da estrada AC-115. Un particular alertou dos feitos ao redor das 18.15 horas. O servizo público de urxencias trasladou a incidencia a Garda Civil e Protección Civil.
Así mesmo, notificoullo ao 061 e aos bombeiros de Ferrol. O persoal do Instituto Armado requiriu a limpeza do viario tras o sinistro.