Unha persoa resulta ferida tras un choque en Neda

No accidente, rexistrado este martes, víronse implicados tres vehículos

Unha persoa resultou ferida este martes a consecuencia dun accidente múltiple en Neda (A Coruña), no que se viron implicados tres vehículos. 

O 112 comunicou que o suceso se rexistrou no punto quilométrico 1,900 da estrada AC-115. Un particular alertou dos feitos ao redor das 18.15 horas. O servizo público de urxencias trasladou a incidencia a Garda Civil e Protección Civil.

Así mesmo, notificoullo ao 061 e aos bombeiros de Ferrol. O persoal do Instituto Armado requiriu a limpeza do viario tras o sinistro.

Comentarios