Achan morta en Valencia a unha muller de 29 anos e á súa parella, que se tirou desde un quinto

A Garda Civil achou este luns o corpo sen vida dunha muller de 29 anos nunha vivenda do barrio de Port Saplaya, na localidade valenciana de Alboraya, e o do seu compañeiro sentimental, un home de 48 anos que, ao parecer, faleceu tras precipitarse desde un balcón á rúa.

Segundo informaron a EFE fontes da investigación, nestes momentos está a procederse ao levantamento de ambos os dous cadáveres e estanse analizando as posibles circunstancias de ambas as dúas mortes.

As mesmas fontes informaron de que a muller falecida é de nacionalidade española e o home é romanés; ambos eran parella de feito desde hai catro anos.