Imprimir

Atopan o cadáver dun home que levaba varios días morto nun piso da Coruña

Redacción | 20 de septiembre de 2019

La Rúa Almirante Mourelle. TVG
La Rúa Almirante Mourelle. TVG
Os familiares avisaron á Policía ao non poder contactar con el

O corpo sen vida dun home duns setenta anos foi achado a medianoite do xoves ao venres nun piso da rúa Almirante Mourelle da Coruña.

Os bombeiros acudiron ao domicilio a instancias da Policía Nacional, que fora avisada por achegados e familiares do falecido. Levaban días sen saber del.

Tras entrar pola fiestra, os bombeiro acharon o corpo no baño da vivenda, ao parecer, por causas naturais. Vivía só e podería levar varios días morto.

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/galicia/atopan-morto/20190920150306065325.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)