Imprimir

Un home de 52 anos morre mentres almorzaba nun bar das Pontes

Delegación | 18 de septiembre de 2020

O falecido, veciño de Pontevedra, traballaba nunha canteira de San Sadurniño

Un veciño de Pontevedra de 52 anos faleceu este venres por causas naturais mentres almorzaba nun bar do centro das Pontes. O tráxico suceso ocorreu sobre as 6.40 horas, apenas 20 minutos antes de que o home, empregado dunha empresa da cidade do Lérez, entrase a traballar nunha canteira de San Sadurniño, segundo algunhas fontes.

Ao lugar dos feitos acudiron os servizos médicos, que trataron de reanimar ao home durante unha hora, pero sen éxito, a Garda Civil e a Policía Local.

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/galicia/home-52-anos-morre-mentres-almorzaba-nun-bar-das-pontes/20200918211832084605.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)